1.8.3 Servizos de Axuda da AEAT
En todas as Delegacións e Administracións da Axencia Tributaria existe un servizo de información para atender as consultas que desexe facer sobre este ou outros impostos; ou, se o prefire, para as cuestións básicas pomos á súa disposición un teléfono de información tributaria (901 33 55 33) ao que pode chamar para resolver as súas dúbidas sen necesidade de desprazarse ás nosas oficinas. Pode acudir, tamén, á páxina web da Axencia Tributaria (sede.agenciatributaria.es ), en que encontrará ampla información tributaria.