Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto sobre Sociedades 2019

2.7.3.2 Entidade dominante de grupo fiscal

Marcarán esta clave as entidades que tributen no Réxime de consolidación fiscal, incluídos os grupos de cooperativas, establecido no capítulo VI do título VII da Lei do Imposto sobre Sociedades e no RD 1345/1992, respectivamente, para indicar se a devandita entidade declarante é a entidade dominante do grupo fiscal.

As entidades que marquen esta clave deberán cubrir tamén a clave [00040] «Número de grupo fiscal» do apartado ≪Grupo» da páxina 1 do modelo 200, ao obxecto de identificar o grupo fiscal ao que pertencen.

No caso de que se marque esta clave trasladarase directamente o NIF da entidade declarante, consignado no apartado de identificación, ao campo denominado ≪NIF da entidade representante/dominante (incluída no grupo fiscal)≫, do apartado ≪Grupo≫ da páxina 1 do modelo 200 destinado a cubrir exclusivamente polas entidades que marcasen as claves [00009] ≪Entidade dominante de grupo fiscal≫ ou [00010] ≪Entidade dependente de grupo fiscal.

As entidades que marquen a clave [00009] non deberán cubrir os datos das páxinas 15 a 20 ter, agás a páxina 19, no relativo á aplicación de resultados, o detalle das correccións ao resultado da conta de perdas e ganancias, e a páxina 20 bis, no apartado de reversión das perdidas por deterioración de valores representativos da participación no capital ou nos fondos propios de entidades pendentes de reversión.

Para ter en conta:

Con efectos para os períodos impositivos que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2018, as sucursais da Zona Especial Canaria (ZEC) de entidades con residencia fiscal en España que aplican o tipo de gravame especial desta zona, poden formar parte dun grupo fiscal que aplique o réxime de consolidación fiscal previsto na LIS.

En relación á súa declaración do Imposto sobre Sociedades, estas entidades deberán presentar dous modelos 200, un pola parte da parte de base impoñible á que se lle vai aplicar o tipo de gravame do ZEC (en que non deberán marcar a clave [00009], senón a clave [00079] «Entidade ZEC en consolidación fiscal »), e outro modelo 200 pola parte da base impoñible que non tributa ao tipo especial e que vai aplicar o réxime especial de consolidación (en que deberán marcar a clave [00009], pero non a clave [00079]).

Pode consultar no apartado 11 desta Axuda as especialidades de formalización do modelo 200 para estas entidades.