2.8 Estados de contas
As claves [00050], [00051], [00052], [00053], [00054] e [00055] de Estados de Contas non deberán de ser marcadas polas entidades que marcasen as claves [00003] ou [00004] (Institucións de Investimento colectivo), [00024] (entidades de crédito), [00025] (entidades aseguradoras), [00036] (sociedades de garantía recíproca) ou [00058] (mutua de seguros ou mutualidade de previsión social).
Tampouco deberán marcar as claves [00053], [00054] e [00055] relativas á Conta de Pérdidas e Ganancias, as entidades que marcasen a clave [00026] (entidade inactiva).
Todos os contribuíntes aos que sexa de aplicación obrigatoria o Plan Xeral de Contabilidade aprobada polo RD 1514/2007, do 16 de novembro, ou que apliquen o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e Medianas Empresas aprobado polo RD 1515/2007, do 16 de novembro, deberán marcar dúas claves: unha clave entre as claves [00050], [00051] e [00052], e outra clave entre as claves [00053], [00054] e [00055].Non obstante, as entidades que marquen as claves [00009] ou [00010], doutros "caracteres "(entidades dominantes ou dependentes de grupo fiscal), non deben marcar as claves [00052] e [00055].
Por outra banda, e tendo en conta a finalidade da clave [00061], as entidades que marquen esta clave están excepcionadas de marcar as claves [00050] a [00055] e non deberán marcaras.
As claves [00075], [00076] e [00077] relativas ao Estado de cambios do patrimonio neto, son de formalización voluntaria cando se marque algunha das claves [00051] ou [00052]. Non obstante, a clave [00075] será de formalización obrigatoria cando se marque a clave [00050], e non poderá cubrirse cando se marcase algunha das claves [00051] ou [00052].
Por outra banda, e tendo en conta a finalidade da clave [00061] «Entidades que sen ser Institucións de investimento colectivo utilicen os estados de contas aplicables a estas», as entidades que marquen esta clave, non deberán marcar as claves [00050] a [00055] nin as claves [00075] a [00077], e viceversa.