2.9.1 Persoal fixo
O declarante consignará nesta clave a cifra media do persoal fixo asalariado ao seu cargo no exercicio obxecto de declaración. Para o cálculo desta cifra deberá ter en conta os seguintes criterios:
-
Se no exercicio non houbo movementos no cadro de persoal, indicará aquí a semisuma dos fixos ao principio e ao final do mesmo.
-
Se houbo movementos, deberá calcular a suma do cadro de persoal en cada un dos meses do exercicio e dividir polo número total de meses que contén o mesmo.
-
Se houbo regulación temporal de emprego ou de xornada, o persoal afectado pola mesma deberá incluírse como persoal fixo, pero só na proporción que corresponda á fracción do exercicio ou xornada do exercicio efectivamente traballada.
Cando a cifra media de persoal fixo asalariado non sexa un número enteiro, expresarase con dous decimais.