6.3 Entidades de nova creación. Clave 00562 Cota íntegra
Entidades de nova creación
As entidades de nova creación reguladas no artigo 29.1 da LIS que realicen actividades económicas, agás que tributen a un tipo inferior, no primeiro período impositivo en que a base impoñible resulte positiva e no seguinte, consignarán na clave [00562] o resultado de efectuar a seguinte operación:
[00562] = [00552] x 15/100
As entidades de nova creación constituídas entre o 1-1-2013 e o 31-12-2014 que realicen actividades económicas, e que segundo a disposición transitoria vixésimo segunda da LIS poden seguir aplicando o tipo de gravame establecido na disposición adicional décimo novena do RDLeg. 4/2004, no primeiro período impositivo en que a base impoñible resulte positiva e no seguinte, consignarán na clave [00562] o resultado de efectuar a seguinte operación:
Se a base impoñible do período impositivo é igual ou inferior a 300.000 euros:
[00562] = [00552] x 15/100
Se a base impoñible do período impositivo é superior a 300.000 euros:
[00562] = 300.000 x 15/100 + ([00552] – 300.000) x 20/100
Cando as devanditas entidades se encontren no suposto anterior e o seu período impositivo teña unha duración inferior ao ano, o cálculo da clave [00562] será:
Se a base impoñible do período impositivo é superior a 300.000 euros x d/365:
[00562] = [00562] x 15/100
Se a base impoñible do período impositivo é superior a 300.000 euros x d/365:
[00562] = 300.000 x d/365 x 15/100 + ([00552] – (300.000 x d/365)) x 20/100
Sendo «d» o número de días de duración do período impositivo, entendendose que cuando o mesmo teña 1 ano de duración conterá, en todo caso, 365 días.