Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto sobre Sociedades 2019

8.4.2.25 2017: Suma deducións Capítulo IV Título VI Lei 43/95, RDLeg. 4/2004 e LIS (agás I + D + i)

Recóllense os saldos correspondentes a cada unha das deducións do Capítulo IV do Tí­tulo VI da LIS (agás as deducións por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica) e do artigo 27 bis da Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal das Canarias,  así como os saldos correspondentes ás deducións vixentes en 2017 re­lativas a acontecementos declarados de excepcional interese público, conforme ao que se establece no apartado Primeiro do artigo 27.3 da Lei 49/2002, xeradas no período impositivo 2017 e que, por insuficiencia de cota, non se aplicaron na liquidación dese período.

Así mesmo, recóllense os saldos pendentes correspondentes ás deducións xeradas en anos anteriores e que, por adiamento, no período impositivo de 2017 iniciaron o cómputo do prazo para a súa aplicación.