9.2 Desagregación do cadro «Detalle das correccións ao resultado da conta de perdas e ganancias (excluída a corrección por Imposto Sociedades)» (páxina 19 e páxinas 26 bis a 26 sexies)
Nestes cadros o contribuínte de forma voluntaria pode cubrir as distintas partidas de desagregación do importe total relativo ás correccións do exercicio e que se recolle nas claves [00417] e [00418] «Totais correccións ao resultado da conta de perdas e ganancias (excluída a corrección por IS)».
Estas partidas de desagregación agrúpanse segundo sexan permanentes ou temporarias (e estas segundo que teñan a súa orixe no exercicio ou en exercicios anteriores), en función de que non sexan cancelables en exercicios futuros con correccións de signo contrario (permanentes) ou que deban cancelarse en futuros exercicios coas respectivas correccións de signo oposto (temporarias).
Neste cadro recollerase tamén o importe correspondente ás partidas relativas aos saldos (de aumentos e de diminucións) pendentes ao final do exercicio e os seus totais correspondentes.
Pode cubrir estes cadros a medida que se introduzan os importes das correccións fiscais marcando o “check”. Se non marca o “check” só se permitirá a formalización manual do cadro de detalle da páxina 19.