Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto sobre Sociedades 2019

10.1.4 Retencións por arrendamento de inmobles urbanos

Os contribuíntes deberán consignar nas claves [01787] e [01788] «Retencións por arrendamentos de inmobles urbanos» da páxina 14 bis do modelo 200, os seguintes importes:

  • Na clave [01787] deberase consignar o importe das retencións practicadas ao contribuínte no período obxecto de declaración sobre as rendas procedentes do arrendamento ou subarrendamento de inmobles urbanos, aínda cando constitúan ingresos derivados de explotacións económicas.

    Así mesmo, as agrupacións de interese económico españolas e as unións temporais de empresas consignarán nesta clave [01787], se é o caso, as retencións e ingresos a conta e pagamentos a conta citados no parágrafo anterior que non deban ser obxecto de imputación aos socios ou empresas membros residentes en territorio español.

  • A clave [01788] será cumprimentada exclusivamente por aquelas entidades que sexan socios ou membros dunha agrupación de interese económico española ou dunha unión temporal de empresas. Nesta clave consignarase o importe das retencións practicadas sobre as rendas referidas no parágrafo anterior, obtidas por unha ou varias das devanditas entidades e que fosen imputadas á entidade declarante.