Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto sobre Sociedades 2019

11.1.1.8 Outras claves de axuste do modelo 200 (páxinas 12 e 13)

Bases imp. negativas xeradas dentro do grupo fiscal pola entidade transmitida e que fosen compensadas (art. 62.2 LIS). Claves [01275] e [01276].

De acordo cos artigos 62.2 da LIS , o importe das rendas negativas derivadas da transmisión da participación dunha entidade do grupo fiscal que deixe de formar parte do mesmo, minorarase pola parte que se corresponda con bases impoñibles negativas xeradas dentro do grupo fiscal pola entidade transmitida e que fosen compensadas no grupo.

Eliminacións pendentes de incorporar de sociedades que deixen de pertene­cer a un grupo. Claves [01027] e [01028].

De acordo cos artigos 65.1 e 74.1 da LIS cando unha entidade deixa de cumprir os requisitos para poder aplicar o réxime de consolidación fiscal ou nos casos en que o grupo fiscal se extinga ou o réxime de consolidación deixe de ser aplicable, as eliminacións pendentes de incorporación integraranse na base impoñible individual das entidades que formaban parte do mesmo, na medida en que xerasen a renda obxecto de eliminación.