14.2 YouTube
YouTube é un foro na web, onde os usuarios poden interactuar, obter información, e serve como plataforma de distribución desde a cal se poden subir e compartir vídeos.
Aqueles que teñan unha conta do google, xa teñen unha conta de YouTube, en caso contrario é preciso rexistrarse. É posible subscribirse a distintas canles de información co fin de recibir notificacións cada vez que se suban vídeos e así estar ao día das novidades de contidos publicados. www.youtube.com/agenciatributaria
A AEAT conta coa súa propia canle para publicar vídeos explicativos sobre diversas materias, entre outras; Renda, Cita, Sociedades, Patrimonio, Cl@ve, Deducións, Declaracións informativas, Sede electrónica, certificados electrónicos, etc. Estes vídeos están publicados igualmente na web https://sede.agenciatributaria.gob.es