2.1.3 Clasificación das actividades
A Sede electrónica da Axencia Tributaria incorpora un «Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias», onde poderá consultar os grupos ou epígrafes en que se clasifican as actividades económicas incluídas nas Tarifas do IAE así como os códigos das actividades non categorizados como son as actividades agrícolas, gandeiras dependentes, forestais, pesqueiras e produción do mexillón. Ademais, poderá obter as obrigas tributarias para cada unha delas en función do perfil do contribuínte.
A relación ordenada de actividades recollidas nas tarifas do IAE procurou axustarse á Clasificación Nacional de Actividades Económicas que elabora o Instituto Nacional de Estatística para clasificar as empresas e os establecementos dun país en categorías homoxéneas.
A clasificación das actividades nas tarifas do IAE debe realizarse de acordo co Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, polo que se aproban as tarifas e a instrución do Imposto sobre Actividades Económicas, onde se agrupan en 3 seccións : actividades empresariais (sección 1ª), profesionais (sección 2ª) e artísticas (sección 3ª). E dentro de cada sección, en divisións, en agrupacións, en grupos e en epígrafes coa descrición, contido e cota de cada actividade.
No modelo 036 ou 037 débese consignar o epígrafe que corresponda segundo a actividade realizada. No buscador de actividades e as súas obrigas tributarias encontrará información sobre o epígrafe ou epígrafes das Tarifas de IAE que corresponderían á actividade que desenvolve. Así mesmo, permite determinar as obrigas tributarias derivadas da actividade se indica o seu perfil tributario.
Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias Clasificación Nacional de Actividades Económicas - Instituto Nacional de EstatísticaReal Decreto legislativo 1175/1990, de 28 de septiembre,por el que se aprueban las tarifas y la instrucción del Impuesto sobre Actividades Económicas.