f. A quen hai que solicitar o inicio dun procedemento amigable?
Como regra xeral, permítese que os contribuíntes presenten a solicitude de inicio do procedemento só á autoridade competente do Estado en que residen
Como excepción, as solicitudes dos procedementos ao abeiro da Directiva deberán remitirse a un tempo a todas as autoridades competentes involucradas e ir acompañadas da mesma documentación, non sendo que o contribuínte:
- Sexa un particular
- Non sexa unha gran empresa nin forme parte dun grupo grande nos termos do artigo 3 (apartados 4 e 7) da Directiva 2013/34/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 26 de xuño de 2013.
Só a eses dous tipos de contribuíntes éstálles permitido solicitar o inicio dun procedemento amigable ao abeiro da Directiva ante unha soa autoridade competente (a do Estado en que residen).
Para evitar dilacións innecesarias na tramitación do procedemento, o ideal é que os contribuíntes presenten simultaneamente a solicitude de inicio do procedemento acompañado da mesma documentación, a todas e cada unha das autoridades competentes implicadas, aínda que iso non sexa obrigatorio.
Na páxina web da OCDE están dispoñibles os datos de contacto de todas as Autoridades Competentes en materia de procedementos amigables (https://www.oecd.org/tax/dispute/country-map-profiles.htm).