c.11 Indicación de se o obrigado tributario presentou unha solicitude con anterioridade no marco dun procedemento amigable regulado neste regulamento ante calquera das autoridades competentes implicadas sobre a mesma cuestión ou outra similar
Aínda que é obrigatorio en todos os casos, é especialmente relevante en relación coas solicitudes de inicio ao abeiro da Directiva, que pon fin a calquera procedemento amigable que se estivese tramitando sobre a cuestión ao abeiro dun Convenio Fiscal e / ou do Convenio de Arbitraxe.
Exemplo:
As autoridades competentes de España e Alemaña están tramitando un procedemento amigable ao abeiro do Convenio de Arbitraxe e do Convenio Fiscal vixente entre España e Alemaña relativa ao exercicio 2019. Nun momento dado, o contribuínte decide que prefire que ese procedemento amigable se tramite ao abeiro da Directiva. Para iso, agás excepcións, tería que presentar unha nova solicitude de inicio ao abeiro da Directiva tanto á Autoridade competente española como á alemá.
Aínda que o contribuínte presenta ambas as dúas solicitudes a un tempo, a Autoridade competente española recíbea o 20 de decembro dun exercicio e a alemá o 8 de xaneiro do exercicio seguinte. O procedemento que se estaba tramitando ao abeiro do Convenio de Arbitraxe e do Convenio Fiscal finaliza o 20 de decembro, data en que se iniciaría o procedemento ao abeiro da Directiva.