Saltar ao contido principal
Guía de procedementos amigables

c.2 Quen é as demais partes implicadas nas transaccións obxecto de exame e como as identifico?

Ao identificar as partes implicadas, o contribuínte debe ter en conta:

  1. Que se calquera das partes obxecto da transacción obxecto de exame pertencía a un grupo de consolidación fiscal durante os exercicios obxecto do procedemento amigable, deberase facilitar información do Grupo.

    O contribuínte deberá identificar necesariamente a entidade dominante do Grupo de consolidación fiscal (ou á que tivera a condición de representante, se se trata dun Grupo horizontal) durante os exercicios obxecto do procedemento amigable.

    Exemplo:

    A empresa española DEPENDENTE formou parte do grupo de consolidación fiscal durante os exercicios 2006 a 2012, do que a entidade DOMINANTE era dominante.

    En 2016, liquídaselle a DEPENDENTE o Imposto de Sociedades dos exercicios 2011 a 2014 por transaccións cunha entidade vinculada belga.

    En 2018 DEPENDENTE, que non forma parte do grupo dende 2013, solicita que se inicie un procedemento amigable para eliminar a dobre imposición que puidese provocar a liquidación española.

    Aínda que xa non forme parte do grupo de consolidación fiscal, DEPENDENTE deberá identificar a DOMINANTE no escrito de solicitude, porque durante os exercicios 2011 e 2012, que son obxecto do procedemento amigable, foi membro do grupo de consolidación fiscal cuxa entidade dominante era DOMINANTE.

  2. Que canta máis información se proporcione, menos dilacións se producirán no procedemento.

    Polo tanto, en prol da celeridade do procedemento, é aconsellable que o contribuínte sexa minucioso na identificación, especialmente no que se refire ás entidades ou persoas estranxeiras.