c.6 Descripción detallada dos feitos e circunstancias relevantes relativos ao caso
A solicitude deberá incluír unha descrición detallada dos feitos e circunstancias do caso concreto. Por exemplo, en caso de tratarse dunha operación de prezos de transferencia, deberá indicarse os feitos e circunstancias da operación de que se trate, as empresas afectadas, a parte obxecto de análise (“tested party”, na súa denominación inglesa), o método de prezos de transferencia utilizada, o indicador de beneficio empregado (“profit level indicator”, na súa denominación inglesa) entre outros.