d.4 Inexistencia ou desaparición da cuestión obxecto do procedemento
Unha vez admitida a solicitude de inicio e analizada a cuestión sometida ás autoridades competentes, estas poden estar de acordo en que non hai dobre imposición ou imposición non acorde co Convenio.
Do mesmo xeito, aínda existindo inicialmente dobre imposición ou imposición non acorde co Convenio, pode acontecer que a regularización en virtude da que se produciu esta sexa anulada por resolución ou sentenza firme dun tribunal administrativo ou xurisdicional. Neste caso, a causa obxecto do procedemento desaparecería.
En ambos os dous casos, non se cumpren os requisitos establecidos para a tramitación do procedemento amigable no artigo relativo ao procedemento amigable do Convenio Fiscal aplicable, que esixe a existencia dunha imposición non acorde co Convenio Fiscal, ou nos artigos 4 e 6 do Convenio de Arbitraxe, que implicitamente esixen a existencia de dobre imposición. Polo tanto, poderá pórse fin ao procedemento amigable, debendo comunicar o acordo ao obrigado tributario, sen que cumpra requirir aceptación algunha do mesmo.
Os devanditos supostos de terminación, están expresamente previstos no artigo 52 do Regulamento de procedementos amigables, para os procedementos instruídos en virtude da Directiva.