e.2 Prazo activador da arbitraxe
Cando o instrumento en cuestión estableza a fase arbitral do procedemento amigable, esta poderá iniciarse se as autoridades competentes non poden pórse de acordo para resolver a cuestión obxecto do procedemento amigable nun prazo determinado. Este prazo varía dependendo do instrumento en virtude do que se instrúa o procedemento amigable.
No caso dos procedementos instruídos en virtude do Convenio de Arbitraxe e da Directiva, este prazo será, con carácter xeral, dous anos. O Convenio de Arbitraxe, no seu artigo 7.4 establece que as autoridades competentes poderán acordar excepcións ao prazo de dous anos coa aprobación das persoas interesadas. Pola súa banda, no caso do mecanismo previsto na Directiva, o artigo 41.1 do Regulamento de procedementos amigables permite a ampliación do prazo de dous anos por un ano máis a solicitude, por escrito e de forma motivada, dunha autoridade competente dos Estados membros afectados.
Por outra banda, no caso dos Convenios Fiscais que inclúan unha fase arbitral na cláusula de procedementos amigables, deberá atenderse ao prazo que estableza cada Convenio Fiscal.