Procedemento amigable para discurtir sobre intereses e sancións
España non considera que os intereses e as sancións administrativas que se poidan corresponder aos impostos cubertos polos acordos e convenios polos que se dispón a eliminación da dobre imposición da renda e, se é o caso, do patrimonio, estean dentro do ámbito obxectivo dos citados convenios e, polo tanto, tampouco poden ser obxecto dun procedemento amigable. Non obstante, se a administración tributaria española aplica intereses ou unha sanción administrativa calculada en función dun imposto subxacente esixible e, despois, en virtude dun acordo acadado coa outra autoridade competente no curso dun procedemento amigable minora ou suprime o imposto subxacente esixible, minorará ou suprimirá na mesma proporción o importe dos intereses ou da sanción administrativa. Pola contra, a imposición doutras sancións administrativas non directamente relacionadas co imposto subxacente non se verá afectada polos acordos acadados entre as autoridades competentes no marco dun procedemento amigable.