Módulo "Máquinas recreativas"
Unicamente computaranse as máquinas recreativas instaladas que non sexan propiedade do titular da actividade. (1)
Esta magnitude comprende dous módulos: máquinas tipo "A" e máquinas tipo "B" de acordo co que se dispón nos artigos 4º e 5º, respectivamente, do Regulamento de Máquinas Recreativas e de Azar, aprobado polo Real decreto 2110/1998, do 2 de outubro (BOE do 16).
- Máquina recreativa tipo "A". Son máquinas tipo "A" todas aquelas de mero pasatempo ou recreo que se limitan a conceder ao usuario un tempo de uso ou de xogo a cambio do prezo da partida, sen que poidan conceder ningún tipo de premio en metálico, en especie ou en forma de puntos cambiables por obxectos ou diñeiro.
- Máquina recreativa tipo "B". Son máquinas tipo "B" aquelas que, a cambio do prezo da xogada, conceden ao usuario un tempo de uso ou de xogo e, eventualmente, de acordo co programa de xogo, un premio en metálico.
Atención: teña en conta que as máquinas propiedade do titular constitúen unha actividade independente, clasificada no epígrafe 969.4 do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE).