Regras para o cómputo dos módulos distintos de "Persoal asalariado" e "Persoal non asalariado"
O número de unidades de cada un dos módulos distintos de "persoal asalariado" e "persoal non asalariado" determinarase en función dos días de efectiva utilización ou instalación para a actividade de que se trate, cando se producise algunha das seguintes circunstancias:
- Inicio da actividade con posterioridade ao día 1 de xaneiro do ano natural.
- Cesamento na actividade antes do día 31 de decembro do ano natural.
- Exercicio discontinuo da actividade (sen que teñan esta consideración os períodos vacacionais.
- Haberse producidas variacións durante o ano na contía das variables ou módulos correspondentes á actividade.
Nestes casos, o número de unidades de cada un dos módulos distintos dos correspondentes ao persoal (asalariado e non asalariado) virá dado polo termo medio dos relativos a todo o período en que se exercese a actividade durante o ano natural, expresandose con dúas cifras decimais, se o resultado non fose un número enteiro.
Malia o anterior, para os módulos "consumo de enerxía eléctrica" e "distancia percorrida" teran en contase os quilovatios por hora consumida e os quilómetros percorridos, respectivamente, sexa cal for a duración do período.
Módulos comúns a varias actividades : cando exista utilización parcial dun módulo na actividade ou sector de actividade, o valor que hai que computar será o que resulte do seu rateo en función da súa utilización efectiva. Se non fóra posible determinar esta, imputarase por partes iguais a cada unha das utilizacións do módulo.