Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

Servizos de axuda Campaña Renda 2020

A Axencia Estatal de Administración Tributaria pon a disposición dos contribuíntes os seguintes servizos de axuda na Campaña de Renda 2020:

RENDA INFORMACIÓN.Teléfono 901 33 55 33 ó 91 554 87 70, de 9 a 19 horas de luns a venres.Para aclarar as dúbidas que a cubrición da súa declaración de Renda lle poida formular.

CITA PREVIA PARA RENDA.A cita previa pode ter dúas finalidades:

  • Atención presencial en oficinas:Este servizo permite a obtención do lugar, día e hora para confeccionar a declaración do IRPF nas oficinas e pode solicitarse a través de:

    Teléfono 901 22 33 44 ó 91 553 00 71.Para o horario consulte a páxina de internet da Axencia Tributaria.

    Internet na dirección http://sede.agenciatributaria.gob.es

    App “Axencia Tributaria".

    Atención: os días en que se prestará este servizo poderán consultarse na páxina de internet da Axencia Tributaria.

  • Confección de declaracións por teléfono:Plan “chamámoslle” Este servizo permítelle solicitar o día e a hora en que desexe que a Axencia Tributaria se poña en contacto con vostede telefonicamente para confeccionar e presentar a súa declaración de Renda.Pode concertar a súa cita por algunha das seguintes vías:

    Teléfono 901 22 33 44 ó 91 553 00 71 –atención personalizada.Para o horario consulte a páxina de internet da Axencia Tributaria.

    Teléfono 901 12 12 24 ó 91 535 73 26 –automático.

    Internet na dirección http://sede.agenciatributaria.gob.es

    App “Axencia Tributaria".

    Atención: os días en que se prestará este servizo poderán consultarse na páxina de internet da Axencia Tributaria.

APP.APLICACIÓN MÓBIL "AXENCIA TRIBUTARIA" Dende un dispositivo móbil e descargando gratuitamente a aplicación “Axencia Tributaria”, dispoñible nos markets de Google (Play Store) y Apple (App Store) para os sistemas operativos Android e iOS respectivamente, o contribuínte dispoñerá dun acceso directo a diversos trámites e á aplicación Renda WEB para xerar e presentar a súa declaración de Renda 2020.

RENDA WEB: http://sede.agenciatributaria.gob.es No portal da Axencia Tributaria, accedendo a "Renda 2020" o contribuínte pode consultar información xeral, e, accedendo ao "Servizo de tramitación borrador / declaración (Renda WEB)", poderá obter o seu borrador de declaración, modificar e/ou confirmar este así como cumprir e levar a cabo a presentación electrónica da autoliquidación.

Para acceder a este servizo necesítase certificado electrónico ou DNI electrónico, Cl@ve PIN ou o número de referencia que o contribuínte previamente terá que solicitar no Servizo RENØ ou ben obtelo a través da aplicación móbil (app) da Axencia Tributaria.

As Comunidades Autónomas e Cidades con Estatuto de Autonomía, en exercicio da súa corresponsabilidade fiscal, colaboran coa Axencia Estatal de Administración Tributaria na Campaña de Renda 2020 na confección de declaracións, así como na modificación e confirmación de borradores de declaración.