Outras medidas para evitar a sobreimposición das rendas imputadas
Normativa: Art. 92.6 da Lei IRPF
O réxime de imputación que se comenta neste apartado compleméntase coas medidas establecidas para evitar a sobreimposición das rendas imputadas.
Para tal fin, non se imputarán no imposto persoal dos socios da primeira cesionaria os dividendos ou participacións en beneficios, incluídos os dividendos a conta, distribuídos por esta na parte que corresponda á contía que fose imputada polo contribuínte titular dos dereitos de imaxe como consecuencia do réxime de imputación.
En caso de distribución de reservas, atenderase á designación contida no acordo social, entendendose aplicadas as últimas cantidades abonadas ás devanditas reservas.
Os dividendos ou participacións distribuídas pola primeira cesionaria que, en aplicación do anteriormente exposto, non fosen integrados na base impoñible dos socios, non darán dereito a estes á dedución por dobre imposición internacional.
Importante: unha mesma contía soa poderá ser obxecto de imputación unha soa vez, calquera que sexa a forma e a persoa ou entidade en que se manifeste.