Exemplo: Imputación de rendas inmobiliarias
Don J.V.C., durante o ano 2020, foi titular dos seguintes bens inmobles:
- Vivenda habitual, cuxo valor catastral non revisado ascende a 34.800 euros.
- Plaza de garaxe adquirido conxuntamente co inmoble e cuxo valor catastral non revisado ascende a 3.900 euros.
- Apartamento na praia que só utiliza durante o mes de vacacións. O valor catastral do mesmo, que foi revisado con efectos de 2012, ascende a 40.800 euros.
- Apartamento adquirido por 105.000 euros o día 1 de xullo de 2020 e que, con data do 1 de setembro do devandito ano, alugou por unha renda mensual de 600 euros. A 31 de decembro de 2020, non lle foi notificado o valor catastral do inmoble. O valor declarado polo contribuínte para os efectos do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados é o de adquisición, sen que a Administración tributaria procedese á súa modificación.
Determinar a imputación de rendas inmobiliarias correspondentes aos devanditos inmobles:
Solución
- Vivenda habitual e praza de garaxe: non procede imputación de rendas inmobiliarias.
-
Apartamento na praia. Renda inmobiliaria imputada:
1,1 por 100 s/40.800 = 448,80 (1)
-
Apartamento adquirido en 2020. Renda inmobiliaria imputada:
1,1 por 100 s/(50% x 105.000) x 62 ÷ 366 = 97,83 (2)
Totais rendas inmobiliarias imputadas (448,80 + 97,82) = 546,63
Notas ao exemplo:
(1) Ao haberse revisado o valor catastral en 2012, isto é, dentro dos dez anteriores a 2020, a porcentaxe que hai que aplicar é do 1,1 por 100. (Volver)
(2) Ao non haberlle sido notificado ao seu titular o valor catastral do inmoble a 31 de decembro de 2020, a porcentaxe do 1,1 por 100 aplícase sobre o 50 por 100 do valor de adquisición do inmoble, valor que non foi modificado pola Administración para os efectos do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados. Ademais, a renda imputada debe determinarse en proporción ao número de días en que o inmoble estivo a disposición do seu titular (do 1 de xullo ao 31 de agosto). Finalmente, os rendementos derivados do arrendamento do inmoble teñen a consideración de rendementos do capital inmobiliario en cuxo apartado deben declararse. (Volver)