Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

b) Transmisións lucrativas por causa de morte do contribuínte

Nos supostos de transmisións lucrativas por falecemento do contribuínte, a Lei exclúe de gravame a posible ganancia (denominada "plusvalía do morto") ou perda patrimonial que poida producirse pola transmisión do seu patrimonio aos seus herdeiros, con independencia de quen sexa o beneficiario da sucesión.