Especial referencia ás subvencións e axudas públicas que se cualifican como ganancia patrimonial
SUBVENCIÓNS E AXUDAS PÚBLICAS
Cualificaranse como ganancia patrimonial as SUBVENCIÓNS:
a) Cando a súa obtención está ligada a un elemento patrimonial non afecto actividade económica.Entre outras:
- Subvencións por adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual (casas [0299] y [0300])
- Subvencións pola reparación de defectos estruturais na vivenda habitual (casa [0300])
- Axudas públicas para o pagamento do IBI (casa [0301])
- Axudas públicas derivadas do Plan Renove dos bens dos que se trate (electrodomésticos, caldeiras, ventás, aire acondicionado etc.)(casa [0301])
- Axudas públicas para a instalación de ramplas, ascensores, aínda que se instalen para mellorar a mobilidade (casa [0301])
- Axudas públicas ao denominado “Programa de Incentivos ao Vehículo Eficiente (PIVE)” Se os beneficiarios son contribuíntes do IRPF que non realizan ningunha actividade económica son unha ganancia patrimonial.(casa [0301])
Estas subvencións públicas se ben están ligadas a un elemento patrimonial non derivan da súa transmisión e, polo tanto, deben ser incluídas na declaración de IRPF no apartado F1 dentro de "Outras ganancias e perdas patrimoniais que non derivan da transmisión de elementos patrimoniais”.
b) Cando a súa obtención non está ligada a un elemento patrimonial, e non se cualifica como rendemento do traballo ou da actividade económica, por exemplo:
- Renda básica de emancipación (casa [0303])
- Bonos culturais.Aínda que as axudas se instrumenten mediante entrega dos bonos para o seu desconto en produtos e servizos culturais, o seu tratamento é o de ganancia patrimonial (casa [0304])