Cadro resumo das regras especiais
Tipo de operación | Valoración da ganancia ou perda |
---|---|
Valores cotizados |
A ganancia ou perda virá determinada pola diferenza entre o valor de adquisición e o valor de transmisión, determinado este pola cotización na data de transmisión ou o prezo pactado cando fose superior. O valor de adquisición minorarase no importe obtido polas transmisións de dereitos de subscrición realizadas con anterioridade a 1 de xaneiro de 2017, con excepción do importe de tales dereitos que tivese tributado como ganancia patrimonial. |
Valores non cotizados Accións e participacións nos fondos propios de sociedades que non cotizan en bolsas españolas |
A ganancia ou perda virá determinada pola diferenza entre o valor de adquisición e o valor de transmisión, sendo este último:
|
Accións totalmente liberadas |
O valor de adquisición da acción transmitida e das orixinarias será o resultado de repartir o custo de adquisición total entre todas as accións, tanto antigas coma liberadas. |
Transmisión de dereitos de subscrición preferente que procedan de accións ou participacións en sociedades das que sexa titular o contribuínte |
O importe obtido pola transmisión de dereitos de subscrición derivados de valores non admitidos a negoción e dende 1 de xaneiro de 2017 dos admitidos a negociación ten a consideración de ganancia patrimonial para o transmitente no período impositivo en que se produza a citada transmisión. A retención a practicar sobre as ganancias patrimoniais derivadas da transmisión de dereitos de subscrición é o 19 por 100. |
Fondos de investimento |
A ganancia ou perda virá determinada pola diferenza entre o valor de adquisición e o valor de transmisión, sendo este último,
Cando se transmita (traspaso total ou parcial) o investimento efectuado nun fondo a outro fondo non se computará nese momento a ganancia ou perda patrimonial obtida, e as novas accións ou participacións conservarán o valor e a data de adquisición das traspasadas. Aplícase aos fondos de investimento españois e aos constituídos noutro país comunitario rexistrados en CNMV. Non se aplica a fondos de investimento cotizados ou de accións de SICAV índice cotizadas e cando se poña a disposición do contribuínte o importe do reembolso ou transmisión. |
Achegas non monetarias a sociedades |
A ganancia ou perda virá determinada pola diferenza entre o valor de adquisición e o valor de transmisión, sendo este último o maior de:
Réxime especial de diferimiento fiscal para determinadas achegas. |
Separación de socios ou disolución de sociedades |
A ganancia ou perda virá determinada pola diferenza entre:
|
Escisión, fusión ou absorción de sociedades |
A ganancia ou perda patrimonial virá determinada pola diferenza entre:
Réxime especial de diferimiento fiscal en determinados casos. |
Traspasos |
A ganancia patrimonial computarase o cedente polo importe que lle corresponda no traspaso. |
Indemnizacións ou capitais asegurados por perdas ou sinistros en elementos patrimoniais |
A ganancia ou perda virá determinada pola diferenza entre a cantidade percibida, ou o valor de mercado dos bens, dereitos ou servizos recibidos (se a indemnización non é en metálico) e a parte proporcional do valor de adquisición que corresponda ao dano. Cando unicamente se cubra a reparación do dano, non se computará para efectos fiscais ganancia patrimonial ningunha. |
Permuta de bens ou dereitos, incluído o troco de valores |
A ganancia ou perda patrimonial virá determinada pola diferenza entre o valor de adquisición e o de transmisión, sendo este o maior dos dous seguintes:
Caso especial:permuta de terreo por pisos ou locais a construír neste.Réxime especial de diferimiento fiscal no troco de accións en determinados casos. |
Extinción de rendas vitalicias ou temporais |
Para o obrigado ao pagamento de rendas a diferenza entre o valor de adquisición do capital recibido (en bens mobles ou inmobles) e as rendas satisfeitas. |
Transmisión de elementos patrimoniais a cambio de rendas vitalicias ou temporais |
A ganancia ou perda patrimonial virá determinada pola diferenza entre:
|
Transmisión ou extinción de dereitos reais de gozo ou desfrute sobre inmobles |
A ganancia ou perda patrimonial virá determinada pola diferenza entre:
Se o dereito está constituído sobre inmobles que non xeren rendementos do capital inmobiliario, o dereito consúmese polo uso, polo que o valor de adquisición deberá minorarse proporcionalmente ao tempo de uso. |
Incorporación de bens e dereitos que non deriven de transmisión |
Computarase como ganancia patrimonial o valor de mercado daqueles. |
Futuros e opcións |
É ganancia ou perda patrimonial o rendemento obtido cando non se trate dunha operación de cobertura de riscos no desenvolvemento da actividade económica. |
Elementos patrimoniais afectos á actividade ou desafectados con menos de tres anos de antelación |
A ganancia ou perda patrimonial virá determinada pola diferenza entre:
Valor de adquisición (ou custo de produción ou valor de afectación) máis:Melloras menos:Amortizacións + alienacións previas + perdas Os coeficientes redutores do réxime transitorio non resultan aplicables ás ganancias patrimoniais obtidas. |