Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Especialidade:Escala autonómica para contribuíntes residentes en Ceuta ou Melilla

Normativa:Disposición adicional trixésimo segunda Lei IRPF

A disposición adicional trixésimo segunda da Lei do IRPF modificada, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2015, polo artigo 1.Cinco do Real Decreto-lei 9/2015,de 10 de xullo, de medidas urxentes para reducir a carga tributaria soportada polos contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e outras medidas de carácter económico (BOE do 11), declara aplicable aos contribuíntes que teñan a súa residencia habitual en Ceuta ou Melilla a escala prevista no artigo 65 da Lei do IRPF.A devandita escala é a seguinte:

Base liquidable ata (euros)Cota íntegra (euros)Resto base liquidable ata (euros)Tipo aplicable (%)
Ceuta e Melilla.Escala aplicable no exercicio 2020 polos contribuíntes residentes no devandito exercicio nestas Cidades Autónomas
0,00 0,00 12.450,00 9,50
12.450,00 1.182,75 7.750,00 12,00
20.200,00 2.112,75 15.000,00 15,00
35.200,00 4.362,75 24.800,00 18,50
60.000,00 8.950,75 En diante 22,50