Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Gravame autonómico

Normativa:Art.º 74.1.1º e 2 Lei IRPF

Á base liquidable xeral aplicaránselle os tipos da escala autonómica do Imposto que, conforme ao previsto na Lei 22/2009, polo que se regula o sistema de financiamento das Comunidades Autónomas de réxime común e Cidades con Estatuto de Autonomía, fosen aprobadas pola Comunidade Autónoma.

A contía resultante minorarase no importe derivado de aplicar a parte da base liquidable xeral correspondente ao mínimo persoal e familiar que resulte dos incrementos ou diminucións a que se refire o artigo 56.3 da Lei do IRPF, a escala autonómica aprobada por cada Comunidade Autónoma.

Tipo medio de gravame xeral autonómico

Normativa:Art.º 74.2 Lei IRPF

Enténdese por tipo medio de gravame xeral autonómico o derivado de multiplicar por 100 o cociente resultante de dividir a cota obtida por aplicación da escala autonómica que corresponda entre a base liquidable xeral.O tipo medio de gravame xeral autonómico expresarase con dous decimais sen redondeo.

Para o exercicio 2020 cada contribuínte deberá aplicar a escala autonómica que corresponda das que a continuación se transcriben: