Exemplo: dedución por alugamento de vivenda habitual
Don M.A.V. ten desde o exercicio 2006 a súa vivenda habitual en alugamento e veu deducindose por este concepto no IRPF. No exercicio 2020 satisfixo por este concepto ao arrendador a cantidade de 6.900 euros anuais.
A base impoñible xeral do contribuínte no exercicio 2020, que tributa de forma individual, ascendeu a 21.500 euros e a base impoñible do aforro a 600 euros.
Determinar o importe da dedución polo alugamento da vivenda habitual no exercicio 2020.
Solución:
Cantidades satisfeitas polo alugamento da vivenda habitual = 6.900
Base máxima da dedución :
Ao ser a súa base impoñible superior a 17.707,20 euros, a base máxima de dedución determinarase restando de 9.040 euros o resultado de multiplicar por 1,4125 a diferenza entre a base impoñible e 17.707,20 euros anuais.
É dicir: 9.040 – [1,4125 x (22.100 – 17.707,20)] = 2.835,17
Importe da dedución: (2.835,17 x 10,05 %) = 284,93
O importe da dedución así determinado farase constar nos recadros [0562] e [0563] da declaración consignando en cada unha delas o 50 por 100 do total da dedución.
É dicir, 284,93 x 50% = 142,46.