Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Conceptos que non dan dereito a dedución

En ningún caso xeran dereito a dedución por construción ou ampliación da vivenda habitual os seguintes conceptos:

  1. Os gastos de conservación e reparación efectuados regularmente coa finalidade de manter o uso normal dos bens materiais, como o pintado, revocadura ou arranxo de instalacións e similares.
  2. Os gastos de substitución de elementos tales como instalacións de calefacción, ascensor, portas de seguridade e outros.
  3. As melloras.
  4. As prazas de garaxe adquiridas conxuntamente coa vivenda que excedan de dous.
  5. A adquisición de prazas de garaxe, xardíns, parques, piscinas e instalacións deportivas e en xeral, os anexos ou calquera outro elemento que non constitúa vivenda propiamente dita, sempre que se adquiran independentemente desta.