Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Donativos realizados a entidades non incluídas no ámbito da Lei 49/2002

Normativa:Art.º 68.3.b) Lei IRPF

Dan dereito a dedución do 10 por 100 as cantidades doadas a fundacións legalmente recoñecidas que rendan contas ao órgano do protectorado correspondente, así como a asociacións declaradas de utilidade pública, non comprendidas no ámbito de aplicación da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado (BOE do 24).

Atención: o importe desta dedución consignarase na casa [0724] do anexo A.2) da declaración.