Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Deducións por incentivos e estímulos ao investimento empresarial en actividades económicas en estimación directa

Normativa:Arts.68.2 e 69.2 Lei IRPF

Os contribuíntes que desenvolvan actividades económicas en estimación directa poderán aplicar os incentivos e estímulos ao investimento empresarial establecidos ou que se establezan na normativa do imposto sobre sociedades con igualdade de porcentaxes e límites de dedución, con dúas excepcións:

  1. Non resulta de aplicación aos contribuíntes do IRPF o previsto no artigo 39.2 da Lei do Imposto sobre Sociedades que establece a posibilidade de aplicar a dedución por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica sen quedar sometida ao límite conxunto da cota íntegra e podendo solicitar, se é o caso, o seu abono, sempre que se cumpran determinados requisitos.
  2. Tampouco resulta de aplicación aos contribuíntes do IRPF o previsto no artigo 39.3 da Lei do Imposto sobre Sociedades que permite solicitar, no caso de insuficiencia de cota, o abono anticipado de dedución por investimento en produción estranxeira de longametraxes cinematográficas ou de obras audiovisuais.

Ademais das deducións que establece na Lei do Imposto sobre Sociedades, coas excepcións antes indicadas, os contribuíntes do IRPF cuxas actividades cumpran os requisitos para ser consideradas entidades de reducida dimensión poderán deducir os rendementos netos de actividades económicas do período impositivo que se invistan en elementos novos do inmobilizado material ou investimentos inmobiliarios afectos a actividades económicas nos termos que máis adiante se comentan.

En consecuencia, no presente exercicio 2020 as deducións por incentivos e estímulos ao investimento empresarial que poden aplicar os contribuíntes titulares de actividades económicas no método de estimación directa, en calquera das súas dúas modalidades, normal ou simplificada, poden estruturarse nas seguintes categorías ou réximes: