Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

a) Contía e límites da dedución

Normativa: Art. 27.15 Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal das Canarias.

Contía da dedución

Os contribuíntes que desenvolvan actividades económicas en estimación directa terán dereito a unha dedución na cota íntegra polos rendementos netos de explotación que se destinen á reserva para investimentos, desde que estes proveñan de actividades económicas realizadas mediante establecementos situados nas Canarias.

A contía desta dedución é variable  e determínase aplicando o tipo medio de gravame (suma dos tipos medios de gravame xeral e autonómico, recadros [0534] e [0535] da declaración) ás dotacións  dos rendementos netos de explotación do exercicio que se destinen á Reserva para investimentos nas Canarias, prevista no artigo 27 da Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal das Canarias.

Véxase tamén o Real decreto 1758/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal das Canarias, en materias referentes aos incentivos fiscais na imposición indirecta, a reserva para investimentos nas Canarias e a Zona especial canaria (BOE do 16 de xaneiro de 2008).

Importante: non poderá acollerse ao réxime da Reserva para Investimentos nas Canarias establecido no artigo 27 da Lei 19/1994, do 6 de xullo, a parte do beneficio obtido no exercicio de actividades propias da construción naval, fibras sintéticas, industria do automóbil, siderurxia e industria do carbón.

Límites da dedución

O importe desta dedución non poderá exceder do 80 por 100 da parte da cota íntegra que proporcionalmente corresponda á contía dos rendementos netos de explotación que proveñan de establecementos situados nas Canarias.

En tributación conxunta o límite máximo da dedución aplícase individualmente a cada un do cónxuxes , se ambos os dous tivesen dereito á dedución, sen que como resultado desta aplicación poida resultar unha dedución superior ao 80 por 100 da cota íntegra.