Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

2.Dedución por rendementos derivados da venda de bens corporais producidos en Canarias

Normativa:Art.º 26 e disposición adicional undécima Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal de Canarias

Contía da dedución

O 50 por 100 da parte da cota íntegra minorada, se é o caso, no importe da dedución pola Reserva para Investimentos en Canarias, na parte que proporcionalmente corresponda aos rendementos derivados da venda de bens corporais producidos en Canarias polos beneficiarios da dedución, sen prexuízo dos límites establecidos no ordenamento comunitario que lle poidan afectar.

Para estes efectos, para os períodos impositivos iniciados a partir de 7 de novembro de 2018 e tras a modificación efectuada polo artigo 3 de Lei 8/2018, de 5 de novembro, pola que se modifica a Lei 19/1994, de 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal de Canarias, a disposición adicional segunda do Real Decreto-lei 15/2014, de 19 de novembro, establece que con efectos dende o 1 de xaneiro de 2015, a aplicación desta bonificación, así como a dos beneficios fiscais que teñan a consideración de axudas rexionais ao funcionamento (Libro II e artigo 94 da Lei 20/1991, Lei da Comunidade Autónoma de Canarias, 4/2014, de 26 de xuño, artigo 27 e Título V da Lei 19/1994, e disposición adicional duodécima da Lei 43/1995, de 27 de decembro), así como as axudas ao transporte de mercadorías comprendidas no ámbito do Real Decreto 362/2009, de 20 de marzo e da Orde de 31 de xullo de 2009 do Conselleiro de Obras Públicas e Transportes do Goberno de Canarias, estarán suxeitas ao límite do 30 por 100 do volume de negocios anual do beneficiario obtido nas Illas Canarias.

Para os efectos para o cálculo dos rendementos derivados da venda de bens corporais producidos en Canarias, debe terse en conta que formarán parte destes:

  1. Os importes das axudas derivadas do réxime específico de abastecemento, establecido en virtude do artigo 3.1.a) do Regulamento (UE) n.º 228/2013 do Parlamento Europeo e do Consello,
  2. Os importes das axudas aos produtores derivadas do Programa Comunitario de Apoio ás Producións Agrarias de Canarias, establecida en virtude do artigo 3.1.b) do Regulamento (UE) n.º 228/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

O Organismo Pagador de tales fondos certificará á Administración tributaria competente o importe ou importes das axudas percibidas polo produtor procedentes das medidas de apoio previstas no parágrafo anterior.

Requisitos

Para a aplicación da dedución deben cumprirse os seguintes requisitos:

  • Que os bens corporais producidos en Canarias deriven do exercicio de actividades agrícolas, gandeiras, industriais e pesqueiras, sempre que, neste último caso, a pesca de altura se desembarque nos portos canarios e se manipule ou transforme no arquipélago.
  • Que os contribuíntes estean domiciliados en Canarias.Se os contribuíntes están domiciliados noutros territorios, deben dedicarse á produción dos bens anteriormente sinalados en Canarias mediante sucursal ou establecemento permanente.
  • Que determinen os seus rendementos en réxime de estimación directa.
  • Que os rendementos netos con dereito a bonificación sexan positivos.

Atención: téñase en conta que a bonificación regulada no artigo 26 da Lei 19/1994, non é de aplicación aos rendementos derivados da venda de bens corporais producidos en Canarias, propios de actividades de construción naval, fibras sintéticas, industria do automóbil, siderurxia e industria do carbón.