Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Deducións non aplicadas no exercicio por insuficiencia de cota

Normativa:Disposición transitoria cuarta da Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal de Canarias

Con efectos 1 de xaneiro de 2015, a disposición transitoria cuarta da Lei 19/1994 foi modificada polo Real Decreto-lei 15/2014, do 19 de decembro, de modificación do Réxime Económico e Fiscal de Canarias (BOE do 20) para establecer que as cantidades non deducidas (incluídos os saldos das deducións pendentes de aplicación a 1 de xaneiro de 2015) se poderán aplicar, respectando os límites que lles resulten de aplicación, nas liquidacións dos períodos impositivos que conclúan nos 15 anos inmediatos e sucesivos.