Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Investimento en vivenda habitual por persoas novas

Contía da dedución

O 3 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo pola adquisición ou rehabilitación da vivenda que constitúa ou vaia constituír a residencia habitual do contribuínte.

Requisitos específicos para a aplicación da dedución

  • Que o contribuínte sexa menor de 35 anos na data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).En caso de tributación conxunta, o requisito da idade deberá cumprilo, polo menos, un dos cónxuxes ou, no seu caso, o pai ou a nai no suposto de familias monoparentais.

    Para o concepto de familia monoparental véxase o artigo 4 do Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Andalucía en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2018, do 19 de xuño.

  • Que a suma das bases impoñibles xeral e do aforro, casas [0435] y [0460] da declaración, non supere as seguintes cantidades:

    • 19.000 euros en tributación individual.
    • 24.000 euros en tributación conxunta.
  • Que a adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual se iniciase a partir do 1 de xaneiro de 2003. Para estes efectos, entenderase que o investimento na adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual se inicia na data que conste no contrato de adquisición ou de obras, segundo corresponda.