Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

Por discapacidade do contribuínte

Normativa: Art. 4 e 13  Lei 8/2013, do 21 de novembro, da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, de Medidas Tributarias.

Contía da dedución

300 euros por cada contribuínte que teña un grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65 por 100 e teñan dereito á aplicación do mínimo por discapacidade do contribuínte.

Requisitos e outras condicións da dedución

  • Que a suma da base impoñible xeral e a do aforro do contribuínte,  recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere :

    • - 27.000 euros en tributación individual.
    • - 36.000 euros en tributación conxunta.
  • Para a aplicación desta dedución teran en contase as normas para a aplicación do   mínimo por contribuínte e  discapacidade contida na Lei do IRPF.

Incompatibilidade

  • Esta dedución é incompatible coa dedución por discapacidade de ascendente ou descendente respecto dunha mesma persoa.

    En consecuencia, os descendentes con discapacidade que integren a unidade familiar xerarán dereito en tributación conxunta á aplicación da dedución por discapacidade de descendentes e non á dedución por discapacidade do contribuínte.

  • Nos supostos en que o contribuínte sexa unha persoa maior de 75 anos cun grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65 por cento, aplicarase esta dedución e non a establecida “Para contribuíntes maiores de 75 anos”.