Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por arrendamento de bens inmobles no territorio das Illes Balears destinados a vivenda (dedución do arrendador)

Normativa:Art.º 4 quater do Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño.

Contía e límite máximo da dedución

  • O 75 por 100 dos gastos satisfeitos polo contribuínte durante o exercicio en concepto de primas de seguros de crédito que cubran total ou parcialmente o non pagamento das rendas ás que o contribuínte teña dereito por razón do arrendamento dun ou varios bens inmobles, situados nas Illes Balears, a un terceiro destinado a vivenda.
  • O importe máximo desta dedución será de 400 euros anuais tanto en tributación individual coma na conxunta.

Requisitos para a aplicación da dedución

  • Que a duración do contrato de arrendamento de vivenda cun mesmo arrendatario sexa igual ou superior a un ano.
  • Que se constituíse o depósito da fianza á que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de Arrendamentos Urbanos, a favor do Instituto Balear da Vivenda.
  • Que o contribuínte declare no IRPF o rendemento derivado das rendas do arrendamento da vivenda como rendementos do capital inmobiliario.