Por doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración empresarial, relativos ao mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico e ao consumo cultural
Normativa: Art. 5 bis do Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en Materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño.
Contía e límite máximo da dedución
-
O 15 por 100 das contías en que se valoren as doazóns, as cesións de uso ou os contratos de comodato, e das contías satisfeitas en virtude de convenios de colaboración empresarial efectuados de acordo co que dispón a Lei 3/2015, do 23 de marzo, pola que se regula o consumo cultural e o mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico, e establécense medidas tributarias.
Neste caso o límite da dedución aplicable é de 600 euros anuais, tanto en tributación individual como en conxunta.
O límite de 600 euros anuais é único e global para o conxunto de doazóns, as cesións de uso ou os contratos de comodato, e contías satisfeitas en virtude de convenios de colaboración empresarial que dean dereito á dedución.
-
O 25 por 100 das contías das doazóns monetarias ou do valor das doazóns, das cesións de uso ou contratos de comodato e dos convenios de colaboración empresarial a que se refire o artigo 3 da mencionada Lei 3/2015, cando:
- O beneficiario do mecenado sexa a Administración da comunidade autónoma das Illes Balears e os organismos autónomos, as fundacións, as entidades públicas empresariais, as sociedades mercantís públicas e os consorcios que delas dependen a que fai referencia a letra b) do artigo 4.1 da mesma Lei 3/2015 e
- O proxecto ou a actividade cultural obxecto do mecenado constitúa un proxecto propio da Administración da comunidade autónoma ou das súas entidades instrumentais.
Nestes casos o límite da dedución aplicable é de 1.200 euros anuais, tanto en tributación individual como en conxunta.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
No caso de que a cesión de uso ou o contrato de comodato teñan unha duración inferior a un ano, se debera ratear con base nos seguintes criterios
-
No caso de cesións de uso ou contratos de comodato inferiores a un ano, atendendo o que se dispón no artigo 11 da Lei 3/2015, do 23 de marzo, pola que se regula o consumo cultural e o mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico e establécense medidas tributarias, hai un dobre rateo:
1º Da base a dedución.
Esta base será o importe anual que resulte de aplicar, en cada un dos períodos impositivos de duración da cesión de uso ou contrato de comodato, o 4 por 100 á valoración do ben efectuado pola Comisión de Valoración do Patrimonio Histórico e se se trate de locais para a realización de proxectos ou actividades científicas ou de desenvolvemento tecnolóxico, o 4 por 100 ao valor catastral, En ambos os dous casos a base determinásese proporcionalmente ao número de días de duración, no período impositivo, da cesión de uso ou contrato de comodato.
2º Do límite da dedución. O limite máximo (600 ou 1.200 euros anuais) débese ratear en función do número de días do período anual.
-
O caso de períodos impositivos inferiores ao ano como consecuencia do falecemento do contribuínte, o rateo en cesións de uso ou contratos de comodato inferiores a un ano hai que realizaro en función da proporción que represente a duración do contrato con respecto a 365 días.
Noutro caso, isto é, en cesións de uso ou contratos de comodato que non sexan inferiores a un ano non hai que ratear a dedución polo feito de que contribuínte faleza antes do 31 de decembro.
-
-
Se a duración da cesión de uso ou o contrato de comodato é superior a un ano, a dedución non se pode aplicar a máis de tres exercicios.
-
No caso das doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración empresarial, relativos ao mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico e ao consumo cultural, aos que se aplica a dedución do 15 por 100 esíxese que a suma da base impoñible xeral e do aforro do contribuínte, recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere as seguintes contías:
Atención : nos casos en que sexa de aplicación a dedución do 25 por 100 non serán aplicables os límites relativos á base impoñible que acabamos de comentar.