Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por doazóns a entidades do terceiro sector

Normativa:Art. 5 quinquies do Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño.

Contía e requisitos para a aplicación da dedución

  • O 25 por 100 do importe das doazóns monetarias que se fagan durante o período impositivo, a entidades sen ánimo de lucro ás que se refire a Lei 3/2018, do 29 de maio, do terceiro sector de acción social que cumpran os seguintes requisitos:

    • As entidades han de estar inscritas no rexistro correspondente da Consellaría de Servizos Sociais e Cooperación, e
    • as entidades han de cumprir os requisitos dos artigos 2 e 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, ou estean parcialmente exentas do imposto sobre sociedades de acordo co artigo 9.3 da Lei 2712014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.
  • A efectividade da doazón hase de acreditar mediante a expedición, por parte da entidade beneficiaria, do correspondente certificado.

Base máxima da dedución

A base máxima da dedución é de 150 euros anuais.