11. Recompra de elementos patrimoniais que orixinasen perdas computadas na declaración
Normativa: Art. 73.2 Regulamento IRPF
Cando o contribuínte realice a adquisición dos elementos patrimoniais ou dos valores ou participacións homoxéneas non admitidos a negociación nalgún dos mercados secundarios oficiais de valores definidos na Directiva 2004/39/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004 [modificada por última vez na Directiva 2010/78/ UE, do 24 de novembro (DOL 15 de decembro de 2010)], dentro do ano seguinte á data da súa transmisión, con posterioridade á finalización do prazo regulamentario de declaración do período impositivo en que computou a perda patrimonial derivada da transmisión, deberá regularizar a súa situación tributaria.
Véxase, dentro do Capítulo 11, o tratamento das perdas patrimoniais derivadas de transmisións de elementos patrimoniais cando se volvan a comprar nun determinado prazo os mesmos elementos ou, no suposto de transmisión de valores ou participacións, cando se adquiran valores ou participacións homoxéneas.
Para iso, deberá presentarse a correspondente autoliquidación complementaria, con inclusión dos xuros de mora, no prazo que media entre a data en que se produza a adquisición e a finalización do prazo regulamentario de declaración correspondente ao período impositivo en que se realice a recompra do elemento patrimonial.
Atención: se a declaración complementaria responde a esta circunstancia o contribuínte deberá marcar cunha "X" o recadro [121] do apartado "Declaración complementaria" da declaración .