Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Aplicación da dedución na declaración do IRPF

A dedución por maternidade minora a cota diferencial, con independencia de que a devandita cota diferencial resulte positiva ou negativa.

En consecuencia, o importe da dedución deberá facerse constar na declaración do exercicio no apartado correspondente a "Cota diferencial e resultado da declaración", casa [0611] da declaración. 

Os contribuíntes aos cales, por solicitalo no seu momento, a Axencia Tributaria tivese satisfeito cantidades mensuais en concepto de abono anticipado da dedución por maternidade, deberán consignar na casa [0612] da declaración a suma das devanditas cantidades que correspondan ao exercicio 2020.

Importante: non serán esixibles xuros de mora pola percepción, a través do abono anticipado e por causa non imputable ao contribuínte, de cantidades superiores á dedución por maternidade que corresponda.

Por último, aqueles contribuíntes con dereito ao incremento da dedución por gastos en gardarías ou centros de educación infantil autorizados, deberán facer constar o importe que corresponda na casa [0613] da declaración.