Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Límites da dedución

O incremento da dedución por cada fillo que outorgue dereito a esta non poderá superar para cada fillo ningún dos dous límites que a continuación se sinalan:

  • 1.000 euros anuais.

  • A menor das seguintes cantidades:

    a) As cotizacións e cotas totais á Seguridade Social e Mutualidades de carácter alternativo devindicadas en cada período impositivo con posterioridade ao nacemento, adopción, delegación de garda para a convivencia preadoptiva ou acollemento.

    Ademais, para os efectos das cotizacións e cotas a computar debe terse en conta o seguinte:

    • No período impositivo no que o descendente cumpre os 3 anos as cotizacións á Seguridade Social a computar serán as devindicadas ata o mes anterior a aquel no que o fillo poida iniciar o segundo ciclo de educación infantil.
    • Se o descendente falece no ano, só se computarán as cotizacións á Seguridade Social dos meses nos que o contribuínte ten dereito a aplicar a dedución e non as de todo o período impositivo.

    Importante:Para o cálculo do límite das cotizacións e cotas totais á Seguridade Social e Mutualidades de carácter alternativo, computaranse as cotizacións e cotas polos seus importes íntegros sen tomar en consideración as bonificacións que puidesen corresponder.

    b) O importe anual total do gasto efectivo non subvencionado satisfeito no devandito período á gardaría ou centro educativo en relación con ese fillo, sexa ou non por meses completos.

    Para os efectos de determinar o importe total do gasto efectivo non subvencionado satisfeito, considerarase tanto o importe pagado pola nai ou o contribuínte con dereito ao referido incremento, coma o satisfeito polo outro proxenitor, adoptante, titor, gardador ou acolledor.