Contía máxima das deducións
-
Dedución por descendentes con discapacidade a cargo
Ata 1.200 euros anuais por cada descendente con discapacidade con dereito á aplicación do mínimo por descendentes
-
Dedución por ascendentes con discapacidade a cargo
Ata 1.200 euros anuais por cada ascendente con discapacidade con dereito á aplicación do mínimo por ascendentes.
-
Dedución por cónxuxe con discapacidade a cargo
Ata 1.200 euros anuais polo cónxuxe non separado legalmente con discapacidade, sempre que non teña rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros nin xere o dereito ás deducións anteriores por descendentes ou ascendentes con discapacidade.
-
Dedución por familia numerosa
- Ata 1.200 euros anuais por ser un ascendente, ou un irmán orfo de pai e nai, que forme parte dunha familia numerosa de categoría xeral conforme á Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas.
- Este importe incrementarase nun 100 por 100, é dicir, ata 2.400 euros anuais no caso de familia numerosa de categoría especial conforme á Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas.
- A contía da dedución a que se refiren os puntos anteriores (1.200 euros ou 2.400 euros), incrementarase ata en 600 euros anuais adicionais por cada un dos fillos que formen parte da familia numerosa que exceda do número mínimo de fillo s esixido para que a devandita familia adquirise a condición de familia numerosa de categoría xeral ou especial, segundo corresponda.
-
Dedución por ascendente separado legalmente, ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos
Ata 1.200 euros anuais por ser un ascendente separado legalmente, ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos e polos que teña dereito á totalidade do mínimo por descendentes.