Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Exemplo 5.Dedución por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos

Dona M.B.A. divorciada con dous fillos cuxa garda e custodia ten atribuída.Un dos fillos ten unha discapacidade do 33 por 100.O outro proxenitor non está obrigado a satisfacer anualidades por alimentos a favor dos fillos.

Determinar o importe da dedución por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos e o resultado da declaración tendo en conta que doa M.B.A. recibiu unha prestación ata outubro de 2020 e un subsidio por desemprego os meses de novembro e decembro de 2020, que a súa cota diferencial é de -400 euros e que solicitou o abono anticipado que lle correspondía dende xaneiro.

Solución:

Nota previa:No presente exemplo cúmprense tanto os requisitos para aplicar a dedución por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos como os requisitos para aplicar a dedución por familia numerosa xa que de acordo co establecido polo artigo 2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas xa equipara familia numerosa a constituída por un ascendente con dous fillos, no que un deles teña como neste caso unha discapacidade.O contribuínte debe optar por aplicar unha ou outra dedución, pero non as dúas.Neste caso conforme ao enunciado do exemplo opta por aplicar a dedución por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos.

Agora ben, ao existir un descendente con discapacidade polo que Dona M.B.A teñen dereito á totalidade do mínimo por descendentes ademais da dedución por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos, pode aplicar tamén a dedución por descendentes con discapacidade a cargo (ambas as dúas deducións son compatibles entre si).

Cota diferencial =-400 

A) Dedución por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos:

Importe da dedución

  • Número de meses de cumprimento dos requisitos:12 meses
  • Importe da dedución (12 meses x 100 euros) =-1.200
  • Límite da dedución (1.200 euros) (1)

Abono anticipado:

  • Número de meses que percibiu o abono anticipado:12 meses (2)
  • Importe do abono anticipado da dedución (12 meses x 100 euros) = +1.200

Diferenza (1.200 − 1.200) = 0

B) Dedución por descendente con discapacidade a cargo:

Importe da dedución

  • Número de meses de cumprimento dos requisitos:12 meses
  • Importe da dedución (12 meses x 100 euros) =-1.200
  • Límite da dedución por fillo (1.200 euros) (1)

Abono anticipado:

  • Número de meses que percibiu o abono anticipado:12 meses (2)
  • Importe do abono anticipado da dedución (12 meses x 100 euros) = +1.200

Diferenza (Dedución 1.200 − Abono anticipado 1.200) =0

Resultado da declaración:-400 (a devolver)

Notas ao exemplo:

(1) Ao tratarse dun contribuínte que percibe unha prestación de asistencia (xaneiro a outubro) e outra por desemprego (novembro e decembro), non lle resulta de aplicación o límite do importe das cotizacións e cotas satisfeitas á Seguridade Social e Mutualidades que se se establece para os contribuíntes que realizan unha actividade por conta propia ou allea.

O límite será a contía anual da dedución 1.200 euros e na medida que se cumpriu todo o ano os requisitos esixidos poderá deducir o seu importe íntegro.(volver ao a) (volver ao b)

(2) Dende xaneiro a decembro recibiu 12 meses o abono anticipado por importe de 100 euros cada mes (1.200 euros).(volver ao a) (volver ao b)