A. En xeral
Poderán aplicar estas deducións os seguintes contribuíntes:
- Os que realicen unha actividade por conta propia ou allea pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
-
Os que perciban prestacións contributivas e asistenciais do sistema de protección do desemprego.
No suposto dos desempregados, para ter dereito a aplicar as deducións cómpre estar cobrando unha prestación, contributiva ou asistencial, do sistema de protección do desemprego. Non sendo suficiente con estar inscrito como demandante de emprego.
Atención Covid-19: teñen dereito a estas deducións:
• Os contribuíntes que percibisen a prestación extraordinaria por cesamento de actividade para os afectados por declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19 que regula o artigo 17 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do Covid-19 (BOE do 18), pois este artigo procede a ampliar as circunstancias en que os autónomos teñen dereito á prestación por cesamento de actividade do artigo 327 e seguintes do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado por Real decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, que forma parte da acción protectora que o sistema da Seguridade Social dispensa aos traballadores autónomos, afiliados á Seguridade Social e en alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónoma, no Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, e, polo tanto, trátase dunha prestación contributiva e asistencial do sistema de protección de desemprego que esixe o artigo 81 bis da Lei IRPF.
• Os contribuíntes afectados por ERTES (expedientes de regulación de emprego temporais), tendo en conta que se encontran en situación de desemprego e teñen dereito á percepción de prestacións por desemprego.
-
Os que perciban pensións abonadas polo Réxime Xeral e os Réximes especiais da Seguridade Social ou polo Réxime de Clases Pasivas do Estado.
Non dan dereito ás deducións as prestacións xeradas pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.
-
Os que perciban prestacións análogas ás anteriores recoñecidas aos profesionais non integrados no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónomos polas Mutualidades de Previsión Social que actuen como alternativas ao réxime especial da Seguridade Social mencionado, sempre que se trate de prestacións por situacións idénticas ás previstas para a correspondente pensión da Seguridade Social.
A aplicación das deducións esténdese aos contribuíntes dados de alta no estranxeiro en sistemas públicos de protección social análogos á Seguridade Social española ou ás mutualidades de previsión social alternativas á Seguridade Social, e aos que reciben prestacións por desemprego ou pensións de réximes públicos de previsión social correspondentes a Estados distintos de España.