Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Son contribuíntes polo IRPF

Normativa:Art.º 8 Lei IRPF

  1. As persoas físicas que teñan a súa residencia habitual en territorio español.
  2. As persoas físicas que teñan a súa residencia habitual no estranxeiro por algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei do IRPF que máis adiante se comentan.
  3. As persoas físicas de nacionalidade española que acrediten a súa nova residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.Estas persoas non perderán a súa condición de contribuíntes polo IRPF no período impositivo en que se produza o cambio de residencia e nos catro períodos impositivos seguintes.

    Véxase ao respecto a relación de países e territorios cualificados regulamentariamente como paraísos fiscais e as notas sobre a citada relación de países e territorios que figuran no Capítulo 10 deste Manual.