Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

A unidade familiar no IRPF

Modalidades

Para os efectos do IRPF, existen dúas modalidades de unidade familiar, a saber:

. En caso de matrimonio (modalidade 1ª)

A integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houber:

  1. Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.
  2. Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a

Recorde:a maioría de idade alcánzase ao cumprir os 18 anos.

. En defecto de matrimonio ou nos casos de separación legal (modalidade 2ª)

A formada polo pai ou a nai e a totalidade dos fillos que convivan cun ou outra e reúnan os requisitos sinalados para a modalidade 1ª anterior.

Normas comúns ás dúas modalidades de unidade familiar

Da regulación legal das modalidades de unidade familiar poden extraerse as seguintes conclusións:

  • Calquera outra agrupación familiar, distinta das anteriores, non constitúe unidade familiar para os efectos do IRPF.
  • Ninguén poderá formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo.
  • A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o día 31 de decembro de cada ano.

    Polo tanto, se un fillo cumprise 18 anos durante o ano, xa non formará parte da unidade familiar nese período impositivo.