Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

3.Límite xeral:importe máximo do rendemento ao que se aplica a redución

Límite anual conxunto

A contía do rendemento íntegro sobre a que se aplicará a redución do 30 por 100 non poderá superar o importe de 300.000 euros anuais.

Este límite opera sobre a suma dos rendementos íntegros que teñan un período de xeración superior a dous anos, así como daqueles que se cualifiquen regulamentariamente como obtidos de forma notoriamente irregular no tempo.

No caso de que se obteñan varios rendementos irregulares da mesma natureza, e que o seu importe supere o límite de 300.000 euros de contía máxima sobre a que aplicar a redución do 30 por 100, a redución máxima distribuirase proporcionalmente entre todos os rendementos desa natureza.