B) Prestacións en forma de capital derivada de réximes públicos de previsión social
Normativa: Art. 18.3 Lei IRPF e 12.3 Regulamento
Os contribuíntes poderán aplicar unha redución do 30 por 100 sobre as seguintes prestacións, sempre que se perciban en forma de capital, consistan nunha percepción de pagamento único e transcorresen máis de dous anos desde a primeira achega. O prazo de dous anos non resulta esixible no caso de prestacións por invalidez:
- As pensións e haberes pasivos percibidos dos réximes públicos da Seguridade Social e Clases Pasivas e demais prestacións públicas non exentas por situacións de incapacidade, xubilación, accidente, enfermidade, viuvez ou similares.
- As prestacións percibidas polos beneficiarios de mutualidades xerais obrigatorias de funcionarios, colexios de orfos e outras entidades similares.
No caso de prestacións mixtas, que combinen rendas de calquera tipo cun único cobramento en forma de capital, a redución referida só resultará aplicable ao cobramento efectuado en forma de capital.